A Xunta entregará ao Concello de Lugo 7.000 unidades de material de protección contra o coronavirus

O delegado territorial da Administración autonómica, José Manuel Balseiro, lembrou que o Goberno galego xa fixera con anterioridade dous envíos de material á capital luguesa, que incluíron 10.845 mascaras, 21.000 luvas e 173 traxes.

A Xunta ten entregado material a todos os concellos da provincia desde que comezou a crise sanitaria, segundo destacou Balseiro. Tamén apuntou que está previsto continuar con esta subministración periódica coa intención de dotar ás entidades locais do equipamento necesario para o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a andazo.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Todo o material distribúese directamente desde a plataforma loxística que puxo en marcha a Xunta para axilizar o proceso e centralizar a adquisición e reparto de equipos de protección.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Luis Díaz
    Abr 21, 2020 - 03:14 PM

    E todo caducado, anda xa, home .

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com