" />

A Xunta insta ao Concello a habilitar prazas de aparcamento gratuíto na contorna do Hula

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, instou ao Concello de Lugo a habilitar prazas de aparcamento gratuíto no entorno do Hospital Universitario Lucus Augusti e asegurou que, no relativo a esta cuesitón, o problema de fondo está en que a administración local “nunca fixo os seus deberes”

“Ao redor do Hula atopámonos con hectáreas e hectáreas de terreos, que están cheas de toxos e sen valor urbanístico, e o Concello de Lugo non se preocupou por habilitalas como zonas gratuítas de aparcamento”, indicou. “Pero a cuestión é aínda máis grave se temos en conta que o Concello é propietario” .

Desequilibro nos compromisos

Balseiro cualificou de “ desequilibro nos compromisos de cada administración e lembrou que mentres a Xunta fixo un investimento millonario na construción e dotación duns dos mellores hospitais de Europa”, o Concello non se comportou do mesmo xeito. “Nestes sete anos, salvo pola achega dos terreos, o Concello non foi quen de crear en todo o entorno unha soa praza gratuíta”.

Todo isto sen esquecer tamén, que ata o de agora o Concello cobraba da propia Xunta o IBI correspondente, “recursos que non reinvestía na mellora desta zona”.

Parking interior do Hula

Polo que respecta ao parking interior do Hula, Balseiro defende que ·Lugo está en igualdade de condicións co resto das grandes cidades de Galicia onde os hospitais teñen parking en concesión, nas propias instalacións. Pero non acontece así co entorno, onde o Concello foi incapaz de garantir espazos de estacionamento de balde”.

Balseiro amósase convencido de que a gratuidade deste parking interior, “non resolvería o problema de fondo, xa que ten unha capacidade limitada”. Asi explica que o Hula dispón de 624 prazas, fronte as 850 camas de hospitalización que hai no centro, ás que hai que sumar ás necesidades de estacionamento das persoas que acoden ás consultas dos especialistas e dos seus familiares.

Contraprestación

 “A nós non nos parece mal que existan prazas gratuítas. E seríamos os primeiros en reclamalas se no parking Hula se déra unha discriminación con respecto a outros hospitais galegos. Pero non é o caso. E ademais grazas a esa concesión recibimos unha contraprestación, que permite aforrar recursos e destinalos a outros servizos”. Rematou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo