A Xunta lamenta que a Deputación impida a Inspección unha visita á residencia da Fonsagrada

“A Deputación de Lugo impide desde o pasado mes de abril que os servizos de inspección da Xunta de Galicia concerten á visita á residencia da Fonsagrada”, así o explicou o organismo autonómico esta mañá mediante un comunicado. Este trámite é un paso previo e imprescindible para que a Consellería de Política Social outorgue o permiso de inicio de actividade (PIA) que permitiría a posta en marcha deste novo centro.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, amosou a súa sorpresa tras coñecer as declaracións de varios dirixentes do PSOE -entre eles a do alcalde da Fonsagrada Argelio Fernández- botándolle á culpa á Xunta por este bloqueo, “cando a situación é ben distinta: os que parece que non queren que abra esta residencia son eles”.

Balseiro aclarou que a Consellería de Política Social leva desde o día 8 de abril á espera de que o Concello designe a unha persoa para concretar a data da inspección “e desde entón non foron capaces de dar resposta. E isto a pesar de que lles requirimos varias veces para que puxeran data”. Desde a Delegación territorial fan públicos os correos electrónicos cruzados entre os servizos de inspección da Xunta e a Deputación de Lugo que proban esta circunstancia.

“Se hai alguén que está bloqueando a apertura da residencia é o PSOE. Son o Goberno municipal e a Deputación. Pois a Xunta está disposta a realizar a inspección do centro en cato concertemos esa visita, en canto teñamos data e hora”- aclarou.

O delegado sae así ao paso das declaracións efectuadas polos socialistas e lembra a modo de conclusión “que non todo vale en campaña electoral e menos que desde Deputación e Goberno local intenten enganar ás veciñas e veciños da Fonsagrada situando na responsabilidade do bloqueo á Xunta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo