" />

A Xunta licita o contrato para actualizar o proxecto que completará a Rolda Leste

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe o contrato de actualización do proxecto para completar a Rolda Leste de Lugo, ao que destina 198.735 euros. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que se retoma esta actuación para poder completar o cinto de circunvalación previsto entre a N-VI e a N-640 no municipio da capital.

O contrato inclúe a realización dun estudo inicial das necesidades de actualización, tanto normativas como de trazado. Estímase un prazo de execución de 20 meses para as distintas fases, incluído o período de información pública, presentación de alegacións, informes preceptivos doutras administracións e redacción final do proxecto construtivo.

O novo tramo terá unha lonxitude aproximada de 2,8 quilómetros, que discorrerán entre a estrada autonómica LU-530 -ata onde chega o treito xa executado- e a N-VI no entorno da conexión coa Avenida de Madrid. Estímase que terá unha intensidade media diaria de 16.097 vehículos ao día.

Arias subliñou que esta é unha infraestrutura necesaria “que restará tráfico das rúas da cidade, mellorará a mobilidade en xeral e especialmente a accesibilidade ao hospital Lucus Augusti”. Actualmente, pódese realizar o percorrido dende a N-VI ata o centro hospitalario ben polo casco urbano ou ben pola autovía A-6, pero ambos esixen un desprazamento maior.

A Rolda Leste ten un treito en servizo de 2,41 quilómetros, entre a N-640 e a LU-530, que no 2017 rexistrou unha intensidade de tráfico de entre 6.000 e 8.400 vehículos ao día.

As empresas interesadas en optar á redacción do proxecto teñen de prazo ata o día 21 de xuño para presentar as súas ofertas. A programación prevé que, una vez adxudicado, o documento poida ser sometido a información pública nun período de sete meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo