A Xunta mellora a estrada LU-633, nun treito coincidente coa traza do Camiño en Tricastela

A Xunta vén de rematar as obras de mellora da estrada LU-633, na traza do Camiño Francés, en Triacastela. Trátase do acondicionamento dun antigo treito en curva da estrada á saída da capitalidade do concello, con destino a uso público e de recreo, onde se Instalou unha barreira de seguridade que proteea a nova zona de lecer con respecto á calzada da estrada autonómica.

A intervención incluíu a nivelación do espazo entre estradas para a súa humanización con zonas verdes e colocación de mobiliario urbano.

Con este proxecto mellórase esta contorna coincidente co paso do Camiño Francés co fin de incrementar a seguridade e comodidade no tránsito dos usuarios da estrada e tamén dos peregrinos.

Esta actuación complementa a intervención executada no ano 2019 na mellora da seguridade viaria do Camiño Francés no treito en común coa LU-633.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com