" />

A Xunta “non asume” o peche de Endesa e urxe ao Goberno un plan para unha “transición xusta e social”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe en declaracións aos medios que a Xunta “non asume o peche da central térmica de Endesa nas Pontes”, unha decisión da empresa que considera “inxusta, precipitada e non consensuada con todos os axentes” que levan meses traballando para identificar de forma conxunta unha solución para que a planta poida ter unha oportunidade de futuro.

Conde apuntou á falta de política industrial e enerxética por parte do Goberno central, que, segundo dixo, “non está tomando unha posición proactiva e non está pensando no impacto no emprego de 750 familias que supón a central das Pontes”. Unha planta na que, tal e como lembrou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, se investiron máis de 200 millóns de euros para adaptala ás directrices europeas en materia medioambiental. Do mesmo xeito, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria urxiu ao Goberno central a activación dun plan de transición xusta, en liña co que defende a Unión Europea, que sexa xusta, ordenada, e social que permita a Galicia optar aos fondos europeos que estarán activos neste eido en 2021.

Segundo anunciou o conselleiro, convocarase á Mesa das Pontes para seguir traballando desde a fronte común cos traballadores, cos transportistas, coa industria auxiliar e co Concello das Pontes. O obxectivo é que o Goberno e a empresa “poidan reverter unha situación que non responde á posición da Comisión Europea e ás decisións que se están tomando por outros países” e que “Endesa poida dar tempo para que se poidan identificar as medidas para que a central das Pontes poida optar a esa transición enerxética xusta”, reactivando a planta e optando aos fondos europeos.

Incidiu Francisco Conde en que esta transición enerxética ten que ser tamén equilibrada, poñendo a Galicia en igualdade de condicións desde o punto de vista competitivo con outros países, lembrando que hai 149 centrais de carbón en Europa que están mantendo a súa produción e o seu emprego.

Novas relacionadas

  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Carlos Fernandez Peleteiro
    Dec 28, 2019 - 02:50 AM

    Ufff!!!!!

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    José Manuel González Díaz
    Dec 27, 2019 - 08:05 PM

    Regalarona os PePeiros, e a culpa e dos socialistas, manda carallo.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo