" />

A Xunta propón destinar fondos europeos a Alcoa

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, mantivo unha xuntanza cos traballadores de Alcoa San Cibrao, onde formulou a proposta da Xunta que consistiría  de destinar unha parte dos fondos europeos que a Comunidade recibirá para os plans de industrialización das empresas que desenvolven servizos esenciais, ao que se lle engadiría  un préstamo participativo.

Para levar a cabo este obxectivo, o responsable do Executivo galego incidiu na necesidade de que, “nos próximos días, se publique no BOE a convocatoria da poxa de interrompebilidade para o segundo semestre e para as empresas hiper-electrointensivas; de que se concreten as compensacións por emisións de CO 2 ata o máximo permitido pola Unión Europea”. Así como que se concrete o prezo eléctrico competitivo para esta factoría, atendendo ás alegacións presentadas por Asturias, Cantabria e Galicia e polo comité de empresa.

Durante a rolda de prensa, Feijóo fixo fincapé en que o futuro de Alcoa, da Mariña e de milleiros de familias está en xogo. “Levamos moito tempo advertindo desta situación e só nos quedan semanas para intentar cambiar o futuro da Mariña. É hora de saber se o Goberno quere pechar Alcoa ou quere dar unha oportunidade a esta compañía”, aseverou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo