" />

A Xunta rebaixa o prezo das parcelas e o Concello unha bonificación dos impostos no polígono de As Gándaras

O voceiro do goberno local Luís Álvarez  destacou na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno Local, que unha demanda que viña facendo o goberno municipal dende hai catro anos ao goberno de Núñez Feijoo,  se realice precisamente ás portas das eleccións municipais. Pronunciouse ao respecto da rebaixa do prezo do solo industrial levado a cabo pola empresa Xestur, no polígono das Gándaras logo de que o alcalde llo solicitase ao propio presidente da Xunta hai agora catro anos. O voceiro municipal informou que o concello nada máis saber a rebaixa do solo industrial do polígono activou a bonificación de impostos para as empresas que se radiquen no novo polígono industrial.

Luís Álvarez:

 

Asemade, Luis Álvarez, deu conta esta mañá dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.
Destacou dúas solicitudes de licenzas urbanísticas, unha na rúa Manuel María, e a outra no centro comercial da Abella.
Luís Álvarez:


Doutra banda, Álvarez anunciou a apertura do procedemento de licitación, para a instalación de 65 postos de venda de mercadorías durante as festas do Arde Lucus.

Álvarez de novo:

Xa fora da orde do día, Álvarez acusou ao Partido Popular, de tentar utilizar o debate sobre a Medalla de Ouro para o ex-presidente da Deputación, Cacharro Pardo de xeito partidista, cando na Xunta de Portavoces celebrada hai dúas semanas, acordouse por unanimidade retrasar este debate.
Álvarez:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo