A Xunta saca unha nova convocatoria de axudas a entidades locais que promocionen a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantiveron esta mañá unha xuntanza con representantes dos concellos lugueses para informarlles da nova convocatoria do Goberno galego de axudas e subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado venres.

A Xunta destinará a este programa un importe de máis de 6,4 millóns de euros, o que supón o incremento dun 20% respecto ao ano 2019. En global, ao abeiro da convocatoria pasada, 48 entidades locais da provincia de Lugo recibiron 688.867 euros.

Ao igual que o pasado ano, a convocatoria que se vén de publicar no DOG engloba catro programas: o de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; o de promoción da igualdade e de prevención e tratamento da violencia de xénero; o de apoio aos Centros de Información á Muller (CIM); e unha cuarta iniciativa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres. Este último programa está financiado ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e os tres anteriores cofinanciados polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

López Abella apuntou que estas axudas están dirixidas a concellos, consorcios, mancomunidades ou agrupacións ou asociacións de concellos e que o prazo de presentación de solicitudes é dun mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com