" />

A Xunta sufragará a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero en entidades locais

A Xunta sufragará a contratación, neste 2022, de mulleres vítimas de violencia de xénero por parte de entidades locais (concellos, grupos de municipios, consorcios ou mancomunidades), cun orzamento total de 1,4 millóns de euros. Así sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) que recolle ademáis que o prazo de solicitude destas azudas ábrese mañá e alongarase por un mes.

Para a Xunta, a independencia económica é clave para garantir que as mulleres en situación de violencia de xénero consigan maior estabilidade persoal, social e laboral. A convocatoria que hoxe recolle o DOG supón un paso máis no camiño da recuperación ao artellar axudas dirixidas ás entidades locais para que contraten a mulleres que sofren violencia de xénero e que, a curto prazo, non poden acadar un posto de traballo no mercado laboral ordinario.

O Goberno galego financia deste xeito a contratación das mulleres vítimas por parte dos entes locais ou agrupacións de municipios, para a realización de obras ou servizos de interese xeral ou social. De resultar beneficiarios, recibirán a contía necesaria para sufragar as retribucións salariais brutas totais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade empregadora das mulleres incorporadas, ata un máximo de 12 mensualidades.

As destinatarias finais serán mulleres que sofren violencia de xénero, incluídas as mulleres vítimas de violencia vicaria ou de trata con fins de explotación sexual que consten como inscritas como demandantes de emprego ou teñan solicitada mellora de emprego por medio do Servizo Público de Emprego de Galicia. Trátase de axudalas a acadar unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia e liderado, reforzando ao tempo unha posterior inserción laboral estable.

Desde o ano 2019 a Xunta apoiou a través desta liña a contratación de 227 mulleres vítimas de violencia de xénero por parte das entidades locais, destinando a esta finalidade case cinco millóns de euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo