A Xunta ten en marcha a campaña de limpeza de marxes das estradas da rede viaria autonómica

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, está a traballar dende principios de maio na campaña de limpeza de marxes das estradas autonómicas da provincia de Lugo, que está previsto que quede completada a finais de xuño.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta actuación supón un investimento de 852.500 euros, para actuar nun total de 1491 quilómetros de 117 estradas que conforman a rede viaria autonómica nesta provincia.

Como é habitual nesta campaña que desenvolve a AXI cada ano, as labores de roza da vexetación nas marxes das estradas comezan naquelas zonas onde a vexetación está nun estado máis avanzado por circunstancias climáticas ou biolóxicas.

Os traballos realízanse periodicamente entre a primavera e o verán, cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco, e consisten na sega da vexetación e a extensión de herbicida para atrasar no posible a aparición de novas plantas.

A limpeza das marxes incrementa a seguridade na circulación, ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de materia potencialmente esvaradía; optimizar a capacidade de evacuación dos sistemas de drenaxe da estrada (cunetas, tubos…), evitando estancamentos por vexetación; ademais de favorecer a percepción da irrupción de animais na calzada con maior antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ao condutor para evitar posibles colisións.

Ao mesmo tempo, a limpeza das cunetas incrementa a efectividade da estrada como cortalume en caso de incendio e o aspecto despexado disuade de posibles verteduras incontroladas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com