Aberta a solicitude dos 40 obradoiros e 31 demostracións do programa Promoción da Artesanía

O Goberno da Deputación abriu este luns o prazo ata o 21 de maio, para participar na Promoción da Artesanía 2017, a programación coa que o Executivo Provincial, ofrece un total de 71 obradoiros e demostracións en vivo de artesanía aos 67 Concellos da provincia de Lugo, así como a todas as asociacións lucenses.

Hai unha inscrición para todos os artesáns interesados. Para garantir a igualdade de participación, estes entrarán nunha bolsa á que o organismo provincial recorrerá á hora da celebración dos obradoiros e demostración. A súa selección rexerase por rigorosa orde de solicitude e entrada en dita bolsa. Terán que cumprir cos requisitos que se establecen nas bases.

A outra inscrición é para todos os Concellos e asociacións da provincia que desexen beneficiarse destas actividades, que son totalmente gratuítas para os mesmos.

O Promoción da Artesanía 2017 contempla dúas liñas cun total de 35.000 euros:, a primeira abrangue Obradoiros Artesáns e conta cunha achega de 22.000 euros, cos que se poderán celebrar un total de 30 obradoiros na provincia de diferentes eidos. Cada un deles ofrece 25 horas formativas, será financiado en solitario polo organismo provincial con 700 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 750 horas de formación.

A segunda liña acollerá Demostracións en vivo e está dotada con 13.000 euros, cos se poderán celebrar 40 demostracións en vivo de coiro; olaría; cestaría; cantaría; forxa; talla de madeira; torno; tear e creación de espectáculos de monicreques. Cada demostración deberá ser dun mínimo de 4 horas e será financiada en solitario polo organismo provincial con 300 euros. Isto implica que, en total, serán ao redor de 300 horas de demostracións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com