Abertas ao tráfico as estradas provinciais de Cospeito, A Pobra do Brollón, Vilalba e Xermade

O Goberno da Deputación mantén activado o dispositivo de inverno para facer fronte ás acumulacións de neve, xeo e auga, rexistradas na rede viaria provincial. Á última hora da tarde deste venres, quedaron abertas ao trafico as estradas que permaneceron pechadas polas inundacións nos Concellos de Cospeito, A Pobra do Brollón, Vilalba e Xermade. E permanece pechada ao tráfico a estrada de Baralla, LU-P-0502 por desprendementos, e a vía de Begonte, LU-P-0802, segue inundada pero pode circularse por un carril.

Dende os servizos de emerxencia alertan do empeoramento do tempo coa chegada da borrasca Helena, de feito na provincia de Lugo hai aviso laranxa (risco importante), con fortes rachas de vento e nevadas que deixarán 20 centímetros de espesor nas zonas de Montaña. Recoméndase circular con precaución por todas as vías da provincia, levar cadeas e reducir ao mínimo os desprazamentos.

O Goberno da Deputación manterá o dispositivo de inverno activado durante toda a fin de semana pois a previsión é que continúe nevando nos vindeiros días. A este continxente uniranse tamén se fose preciso os medios dispoñibles do Parque Móbil para garantir a seguridade da rede viaria provincial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com