Aberto o prazo de inscrición ao Campamento de Xadrez de Verán

A Asociación Cultural Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez, en colaboración co Concello de Lugo, Sogama, El Progreso, Confeccións Fibra Vexetal e Fornos Fernando Valín, organizan por segunda vez o Campamento de Xadrez de Verán.

O obxectivo que se persegue con este programa é o de fomentar a práctica do xadrez entre os pequenos da cidade e provincia, e contribuír a alcanzar os beneficios que este trae consigo na formación integral dos participantes.

O campamento levarase a cabo no colexio Illa Verde con horario de nove da mañá a dúas. As prazas son limitadas.
Dividiranse en dous grupos, xadrez divertido dirixido para nenos e nenas de catro a sete anos, e xadrez máxico para rapaces e rapazas de sete a doce anos.

Máis información https://campamentodexadrez.wordpress.com/

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com