Aberto o prazo para matricularse nos cursos de natación nas piscinas municipais

O Concello de Lugo abriu o prazo de inscrición para matricularse nos cursos de natación para nenos e adultos que se impartirán nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras dende abril a xuño. Así o anunciou este mércores o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, quen lembrou que “o prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro venres, 4 de marzo, en ambas as dúas piscinas. As persoas interesadas deberán inscribirse na piscina na que desexen practicar natación”. Posteriormente, do 10 ao 15 de marzo, estará aberto o prazo de matrícula. Todos os trámites de matriculación deberán facerse nas dependencias administrativas da piscina de Frigsa.

O Concello oferta máis de 1.200 prazas para os cursos de natación, 954 na piscina deFrigsa e 256 na das Pedreiras”, anunciou Fernández, quen lembrou que para adultos, o Concello ofrece 503 prazas en Frigsa e 147 nas Pedreiras, e para os máis cativos, 451 e 109, respectivamente.

O custe mensual dos cursos para adultos será de 22,90 euros pola asistencia dous días á semana e 30,50 euros por tres días. Para os nenos e nenas, o custe mensual de dous días á semana é de 18,40 euros e 24,60 euros para tres días semanais. As clases terá unha duración de 40 minutos.

Toda a información sobre horarios está dispoñible na páxina web www.lugo.gal ou noteléfono de información cidadá 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo