" />

Abre ao público no Museo Provincial unha mostra que conmemora o centenario do nacemento da revista Nós

A mostra titulada “Ser diferente é ser existente. Nós, de onte a hoxe. 100 anos de historia”, conmemora o centenario do nacemento da revista Nós.
A exposición, que poderá verse no Museo Provincial ata o vindeiro 1 de abril, realiza un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros da Xeración Nós como Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio ou Ánxel Casal, e afonda no seu legado a
través dos estudos realizados por autores coma Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020.
Na inauguración que tivo lugar onte a tarde, interviú Pilar García Negro, membro da comisión organizadora da mostra, promovida pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, o comisario da mostra, Carlos L. Bernández, guiou aos asistentes polos paneis instalados no refectorio do Museo, que reproducen algunhas das páxinas publicadas na revista Nós desde o seu primeiro número, que viu a luz o 30 de outubro de 1920, até 1936, cando deixou de publicarse a causa da persecución a que os seus promotores foron sometidos polos sublevados fascistas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo