Ábrese o prazo de solicitude das axudas para libros de texto e material escolar

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que se abre o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolar para familias con escasos recursos no segundo ciclo de educación infantil para o curso 2019-2020. Felipe Rivas indicou que “as actuacións en materia de educación son competencia da Xunta de Galiza”, e engadiu que “estamos a realizar un importante esforzo económico para que as familias con baixos recursos poidan contar con estas axudas, mais traballaremos tamén en que a Xunta asuma as competencias que lle son propias”.

Felipe Rivas informou que dende a concellería de Educación se repartirán un total de 40.000€ en axudas individuais de 100€ a persoas que estean empadroadas en Lugo, para investir nas librerías do concello en libros de texto e material escolar para os alumnos e alumnas matriculadas en centros sostidos con fondos públicos. As axudas adxudicaranse aos solicitantes cuxa renda familiar non supere 0.66 veces o IPREM, sendo o único criterio a contía da renda de menor a maior. No caso de non cubrirse todas as solicitudes, continuaranse adxudicando ás beneficiarias cuxa renda familiar anual non supere 0.80 veces o IPREM.

O concelleiro de Educación indicou que para realizar as solicitudes as persoas interesadas deberán presentar a solicitude e a documentación requirida no rexistro do Concello nos próximos 15 días.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Lucia Barcelos
    Ago 27, 2019 - 04:19 PM

    Difusion? Vai de secador?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo