" />

ACE-EU desacredita a votación do cartel anunciador do San Froilán 2017

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida (ACE-EU) conclúe tras preguntar por escrito sobre o proceso seleccionador do cartel anunciador do San Froilán 2017, que non se realizou unha auditoría válida da votación popular feita a través da rede social Facebook para escoller os carteis finalistas, que permitise identificar e descartar o voto fraudulento realizado desde perfís falsos ou aplicacións para emitir votos masiva e sistemáticamente.

Dende a Concellería de Cultura, respostouse á ACE-EU que o único método para verificar a autenticidade dos votos foron as ferramentas facilitadas por Facebook.  Esta rede social permite consultar a procedencia de cada “me gusta” e bloquear aos usuarios que se consideren falsos, sen embargo, a autenticidade de cada usuario non se pode garantir cos medios que ofrece a plataforma, pois o único requisito que se esixe para rexistrarse é ter unha conta de correo electrónico válida, polo que unha mesma persoa pode crear moitos perfís diferentes dende os que interactuar.

Para ACE-EU as redes sociais do tipo de Facebook non son medios útiles para realizar concursos coa obxectividade e ecuanimidade que require unha administración pública, e vistos os problemas xerados na selección do actual cartel do San Froilán e as múltiples queixas recibidas por parte dos concursantes, solicita que se estude con seriedade a conveniencia de volver recorrer a este sistema para canalizar a participación popular e se valoren outras posibilidades con maiores garantías de limpeza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo