Ace-Eu leva a pleno a publicación dos contratos menores no Perfil do Contratante

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida levará ao Pleno do Concello de mañá unha moción para que se publique a información dos contratos menores no Perfil do Contratante cando se cumpre un ano no que o goberno local leva incumprindo a legalidade en materia de contratación pública.

A Lei de Contratos do Sector Público obriga no seu artigo 63, que regula o Perfil do Contratante, a publicar como mínimo trimestralmente a información relativa aos contratos menores, indicando como mínimo os seguintes datos: o seu obxecto, duración, o importe de adxudicación, incluido o Imposto Sobre o Valor Engadido (IVE), e a identidade do adxudicatario, ordenándose os contratos ademáis por identidade do adxudicatario. Tódalas grandes cidades de Galicia, menos Ourense, gobernada polo PP, teñen os contratos menores publicados no Perfil de Contratante conforme aos novos requisitos da Lei de Contratos.

ACE-EU leva meses reclamando que se cumpran as novas esixencias da Lei de Contratos en canto á información sobre contratos menores sen que se tomase ningunha medida. A resistencia do goberno local a publicar todos os datos dos contratos menores “parece estar relacionada coa obriga de agrupar os contratos por empresas adxudicatarias”, pois así se faría evidente a ollos da cidadanía o “elevado nivel de repetición das mesmas empresas nas contratacións directas e o elevado montante total que reciben certas compañías” sen pasar nunca por licitacións públicas.

Un caso preocupante é o de Construccións Sanle, empresa investigada xudicialmente na Operación Pokémon por presuntas irregularidades nas adxudicacións recibidas por parte do Concello de Lugo, que vén de recibir só no mes de abril tres contratos públicos por un valor total que supera os 200.000€: as obras de reconstrucción do firme e rede pluvial Salvador Madariaga, mellora do saneamento en catro rúas da cidade e a descontaminación do Barrio do Carme.

Ademais, segundo explica esta agrupación, a empresa sigue sendo asidua das contratacións directas de obras do goberno actual, acadando polo menos os 24 contratos menores por un importe total de 358.178 euros (son só os que temos clara constancia, xa que falta toda a información correspondente ao último ano).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com