Activado en Lugo o Plan de Vialidade Invernal do Estado pola alerta de nevaradas

A Delegación do Goberno en Galicia vén de activar na súa fase de Alerta o Plan de Vialidade Invernal na rede de Estradas do Estado na provincia de Lugo. Esta medida adoptase ante as prediccións emitidas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía e irase actualizando en función dos paters meteorolóxicos que emita AEMET durante o día de hoxe.

En concreto, segundo as prediccións meteorolóxicas, dende as 9 horas desta mañá e ata ás 00.00 de mañá, martes, poderíanse producir acumulacións de neve superiores aos 20 centímetros na montaña a partir dos 1.000 metros. Asemade, a cota de neve baixará ata os 600 metros.

A Delegación do Goberno en Galicia, de acordo co Protocolo de Coordinación de Actuacións, mobilizará todos os recursos dispoñibles en ambas provincias para neutralizar os efectos do temporal de frío e neve nas estradas e notificou esta previsión aos organismos implicados en materia de vialidade e tráfico do Estado, así como ao resto de administracións. O obxectivo é garantir a máxima fluidez posible de tráfico mantendo as infraestruturas de transporte de competencia estatal en condicións de uso.

Nos centros de conservación de estradas de Fomento ubicados en Lugo e Ourense, ambas provincias en alerta, están actualmente dispoñibles 63 máquinas quitaneve, ademáis de 14.800 toneladas de sal e 2.625 metros cúbicos de salmoira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com