Organizada por: Mariña Patrimonio, Cultura do País e ADEGA realizouse onte pola tarde unha plantación simbólica de eucaliptos na muralla de Lugo. Con esta protesta as asociacións convocantes queren denunciar os danos e a destrución que a industria do eucalipto provoca no patrimonio arqueolóxico do noso país.