ADACE conmemora na Praza Maior o Día do Dano Cerebal Adquirido

A Corporación municipal de Lugo, presidida pola Alcaldesa, Lara Méndez, sumouse esta mañá, facendo un receso do Pleno municipal, á conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido, no que ADACE Lugo instalou mesas informativas na Praza Maior e leu un manifesto co fin de sensibilizar e informar á poboación sobre a realidade e as necesidades do colectivo de familiares e afectados por esta doenza, unhas 420.000 persoas en toda España.

Neste acto tamén estivo a deputada de Benestar Social e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, en representación da Deputación de Lugo, quen colabora con esta asociación cunha achega de 12.000 euros para os gastos de funcionamento do Centro de Día que posúen na capital lucense. Actualmente, este servizo presta atención a 20 usuarios de toda provincia, en quendas de 4 horas, de mañá e tarde. Ademais desta prestación, a asociación realiza diferentes actividades e obradoiros ao longo de ano, como o de psicomotricidade, estimulación cognitiva, terapia ocupacional ou rehabilitación, entre outros moitos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com