" />

Adega e MariñaPatrimonio denuncian a ilegalidade dunha plantación de eucaliptos en Riotorto

ADEGA e MariñaPatrimonio comunicoulle ao Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, que no lugar de A Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana.

Ambas organizacións puideron comprobar que para eses labores usouse maquinaria pesada poñendo en risco os valores do xacemento. Asemade, abríronse novas pistas que están a  modificar a morfoloxía da antiga explotación aurífera romana.

Este xacemento, que non está inventariado oficialmente, é un ben patrimonial descoñecido para a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Na actualidade só están inventariadas algunhas destas minas nos concellos de Foz e Barreiros, pese a abundancia de xacementos deste tipo na zona oriental da Mariña.

En concreto, o concello de Riotorto conta cun bo número de explotacións mineiras de época romana, algunhas de gran espectacularidade e importancia. Na Muxueira atópanse varias: Un grupo delas conforman o que podería denominarse un complexo mineiro, formado por tres grandes trincheiras a ceo aberto: As Grobas, O Palo Ribeiro e A Chousa do Baño. Esta última é a que se viu afectada polos traballos forestais.

Dende ADEGA e MariñaPatrimonio solicitan a inmediata paralización dos labores forestais que afectan o xacemento arqueolóxico, que se estuden os danos ocasionados, e ao mesmo tempo que se inclúa este complexo mineiro da Muxueira no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo