" />

Adega oponse á construción da ponte do malecón de Monforte

O pasado mércores 2 de setembro, celebrouse unha xuntanza no Concello de Monforte na que estiveron: o alcalde, representantes de Adega e o resto de representantes políticos de Monforte. A posteriori e finalizando a xornada membros da asociación ecoloxista tamén se reuniron coa plataforma Salvemos O Malecón.

O obxectivo destas reunións era coñecer de primeira man a postura do alcalde, e do resto de integrantes da corporación municipal ante o proxecto de construción dunha ponte no paseo do Malecón, que conta coa oposición de parte da veciñanza. Todas as partes coincidiron na necesidade dun plan de mobilidade para a cidade. Dende ADEGA consideran “fundamental a redacción dun Plan de Mobilidade sostible, obxectivo e rigoroso antes da construción de infraestruturas que afecten directamente ao tráfico” O alcalde, pola súa banda, indicou que “se unha vez elaborado o plan de mobilidade, non se recomenda a construción da nova ponte, desbotaría a idea”.

A nova ponte proxectada, substituiría a actual pasarela peonil, e estaría inspirada na antiga Ponte de Ferro que caeu no ano 1952. Os argumentos que xustifican a súa construción son “a conexión do ambulatorio co hospital, ou a suposta mellora do tráfico de saída do centro de Monforte”; argumentos, que para Adega,”en todo caso consideramos non son suficientes para a construción dunha infraestrutura con tal impacto ambiental: rompería a harmonía do parque do Malecón e provocaría un incremento innecesario do tráfico na cidade”. Os ecoloxistas “cuestionan a necesidade de conectar o ambulatorio co hospital, ademais consideramos prioritario o estudo de vías alternativas para o tráfico, de xeito que a cidade fora deseñada para as persoas, e non para os vehículos.

Outro dos temas tratados foi o estado do Río Cabe, que actualmente esta nunha situación moi preocupante xa que o actual sistema de depuración non ten capacidade suficiente para tratar as augas residuais, que acaban vertidas no río directamente.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo