" />

Adolfina Mesa, premio do Certame Galego de Arte de Begonte

A sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta en Lugo foi o lugar elixido onte polo xurado do XXX Certame Galego de Arte de Begonte José Domínguez Guizán, convocado polo Centro cultural do mesmo nome, impulsores do Belén Electrónico.

O xurado, que estaba formado por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo; os pintores Manuel Gulín e Gonzalo Sánchez Folgueira-Zalo e o xornalista Xulio Xiz en representación do centro convocante, como secretario, acordou conceder o Premio José Domínguez Guizán de arte, á obra Amor Mortal (acrílico sobre lenzo e outros materiais) da autora Adolfina Mesa, residente en Monterroso.

O premio, que este ano estaba centrado na promoción da igualdade e a loita pola erradicación da violencia sexual sufrida polas mulleres,  estaba dotado con 1.500 euros e unha estatuíña de Sargadelos.

Asemade, o xurado acordou tamén conceder unha Mención de Honra “pola calidade do seu traballo, á obra Visibeis Invisibeis do pintor Arousán, Eduardo Baamonde.

A obra á que se concedeu o Premio José Domínguez Guizán, será utilizada polo Concello de Begonte, dentro das súas campañas a prol da igualdade e de loita contra a violencia sufrida polas mulleres. Os premios serán entregados no Centro cultural de Begonte, no decurso dos actos de clausura da actual edición do Belén de Begonte, a celebrar o 25 de xaneiro de 2019.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo