Afundación celebra en Monforte dous encontros interxeracionais do ‘Falamos da escola’

Afundación, a Obra Social de ABANCA, desenvolve en Monforte de Lemos, coas persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación da vila e estudantes do Colegio de los Padres Escolapios, o seu programa interxeracional denominado Falamos da escola, no que maiores voluntarios e alumnas e alumnos de centros escolares de toda Galicia dialogan sobre as súas vivencias ao longo da etapa escolar e reflexionan xuntos sobre o papel que debe xogar a educación na actualidade.

A iniciativa enmárcase na liña estratéxica O valor da experiencia, da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital e profesional, a través de programas interxeracionais e de voluntariado, que beneficien outros grupos da sociedade.

Os encontros terán lugar mañá, xoves 9 de maio, de 9.35 a 10.25 h e de 11.35 a 12.30 h, no Colegio de los Padres Escolapios de Monforte de Lemos con estudantes que poñerán en común cos maiores as súas opinións sobre a escola.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo