" />

Agroman novos tempos na política

Parece que os movementos telúricos que comezan a agromar na política lucense nada teñen que envexar aos que se producen cada certo tempo na montaña luguesa. E digo isto porque estes días estanse a celebrar algúns xantares gastropolíticos que están tendo case a mesma substancia no político como no gastronómico, é dicir, que aproveita moito e que poden cambiar, de frutificar, as estruturas políticas luguesas.

Por eses gastrobares da cidade xuntanse cidadáns e cidadás de moi diverso “pelaxe”: nacionalistas, exnacionalistas nacionalistas, plataformeiros, concelleiros, exconcelleiros, exdeputados e cargos públicos, exasesores, onte aínda asesores, sindicalistas e mesmo algún mediopensionista.

Todo un mundo de color político intentando, uns buscando algunha cousa e os máis buscando unha luz neste proceloso túnel político que nos está tocando vivir, para ver se esta existe. Pero claro, o problema non é soamente se hai luz ou non, que seguro que terá que habela. O dilema é como será. Se de incandescencia se tratara sería moi antiga e non serviría, se é de neon tamén quedou obsoleta, a alóxena non estaría mal pero gasta moito; o bo sería que fose unha luz de última xeración que alume moito, gaste pouco e dure unha eternidade, poñamos por exemplo a de Led, esa luz moderna é a que se debería atopar, pero non sei se iso sera posible.

Eloi Caldeiro.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo