" />

A Alcaldesa destaca a importancia do intercambio cultural durante a visita ao Concello de alumnos daneses

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a importancia do coñecemento doutras culturas, doutros países e doutros idiomas durante a visita que realizaron á Casa Consistorial 27 alumnos daneses dun instituto da cidade de Roskilde, próxima a Copenhague, que se atopan de intercambio estes días no centro lugués Lucus Augusti.

No acto de benvida, a rexedora convidou aos alumnos a descubir todo patrimonio de Lugo, abordando dende a súa historia ata a súa gastronomía. Tamén aproveitou para agradecer o traballar que realizan os profesores de ambos centros, que fan posible o intercambio de experiencias, ao tempo que lles pediou aos mozos daneses que exerzan de embaxadores de Lugo en Roskilde.

Os estudantes daneses, que chegaron onte á cidade, pasarán unha semana en Lugo. Previamente á súa viaxe xa mantiveron contacto cos alumnos lucenses a través das redes sociais. Os alumnos do Lucus Augusti visitarán Roskilde no vindeiro mes de setembro.

Na súa estancia, os estudantes de intercambio percorrerán a cidade de Lugo e achegaranse á Mariña. Está previsto que visiten o Castro de Viladonga e que percorran un tramo do Camiño de Santiago, dende o Monte do Gozo ata a Catedral.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo