" />

A Alcaldesa escoita no barrio do Castiñeiro á veciñanza

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este luns o barrio do Castiñeiro para coñecer de primeira man a situación do mesmo así como as necesidades e inquedanzas da veciñanza co fin de mellorar esta zona da cidade. Acompañada polos concelleiros de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, e de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, a rexedora reuniuse cunha trintena de persoas que lle expuxeron aos membros da corporación as necesidades do barrio, que pasan entre outras, pola mellora das beirarrúas ou o mobiliario urbano. Así mesmo, plantexaron á Alcaldesa algunhas peticións sobre cuestións medioambientais da contorna.

Logo de escoitar as demandas do barrio, a rexedora declarou que “dende o Concello traballaremos para garantirlle tanto a este como a todos os barrios e parroquias luguesas os servizos que nos solicitan”.

Esta xuntanza forma parte “da política de proximidade aos barrios do Goberno, encamiñada a mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio e a facer cidade entre todos”, subliñou Méndez.

A Alcaldesa definiu ao Castiñeiro como un “barrio que mudou co paso do tempo, pero que soubo conxugar a súa tradición coa modernidade”.

A rexedora xa visitou e mantivo reunións nos últimos meses nos barrios da Milagrosa, A Piringalla, As Gándaras e A Residencia

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo