" />

A Alcaldesa participa na inauguración do XV Seminario de Atención ás Persoas Maiores de Galicia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou esta mañá na inauguración do XV Seminario de atención a persoas maiores que organiza Comisións Obreiras. A rexedora reivindicou a importancia de ter un sistema de pensións público e sostible nunha cidade como esta na que máis do 20% da poboación é maior de 65 anos e moitos deles contribúen na economía familiar. “Non consintades que vos digan que o sistema público de pensións é insostible, que non se pode manter, porque si é sostible, fixando poboación e creando emprego de calidade”.

Lara Méndez fixo estas manifestacións aos entorno de 70 asistentes ao Seminario, que terá lugar entre hoxe e o xoves e na que estivo acompañada por Jesús Varela Lodeiro, secretario comarcal de CC.OO. de Lugo, Julián Gutiérrez del Pozo, secretario xeral da Federación Estatal de Pensionistas do sindicato, e Ramón Sarmiento Solla, secretario xeral da organización sindical en Galicia. Méndez subliñou a necesidade de seguir reivindicando unhas pensións dignas, que manteñan o poder adquisitivo dos xubilados, como fixo o propio sindicato hai un mes cunha marcha a Madrid, “momento no que dende o Concello xa expresamos o noso apoio e colaboración a esta demanda, plasmados nunha moción aprobada no Pleno”.

Neste senso, a Alcaldesa destacou que Lugo ten as pensións máis baixas de Galicia, así como o peso fundamental dos maiores na sociedade, pois representan o 20% da poboación do municipio lucense, e o 40% deles contribúen á unidade familiar, ben con recursos económicos, ben colaborando para posibilitar a conciliación laboral. Xunto ao sistema público de pensións, outros dos temas que se abordarán no Seminario de Atención ás Persoas Maiores de CC.OO. son a sanidade pública, fundamental “para a igualdade real”, subliñou Méndez, e a muller, dende as perspectivas da desigualdade, a pobreza e a violencia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo