" />

A alerta laranxa por ventos obriga a pechar os parques da cidade

O Concello de Lugo viuse na obriga de pechar durante o día de hoxe os dous parques grandes da cidade, o da Milagrosa e o de Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade da cidadanía ante a alerta laranxa por vento decretada pola Axencia Xeral de Metereoloxía, que se iniciou ás 18:00 horas e que afectará con rachas de 90 km/h a Lugo centro.

A apertura dos parques realizarase en función da evolución deste fenómeno metereolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma, con previsión de que finalizará nas primeiras horas de mañá mércores. Así mesmo, quedará pechado o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), suspendéndose as actividades previstas para esta tarde nestas instalacións municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo