" />

Ana Prieto afiliarase ao PSOE e dedicarase a tempo completo ao labor de concelleira

A concelleira Ana Prieto, que concorreu ás eleccións municipais como independente, anunciou este mércores que pedirá o seu ingreso no Partido Socialista e que se dedicará a tempo completo ao Concello, no que dirixirá a área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, e será a primeira tenente de alcalde.

Deste xeito, presentou a súa renuncia á presidencia do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo na Xunta de Goberno do órgano celebrada na tarde de onte. Prieto asegura que tomou esta decisión “nun exercicio de responsabilidade e de compromiso, tanto cos lucenses, aos que debo e quero dedicarme ao cento por cento, como coa profesión, que merece unha persoa a tempo completo á fronte do Colexio de Farmacéuticos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo