Ana Prieto aposta por un Lugo sostible na inauguración da exposición El bosque. Mucho más que madera

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada polo director da área de negocio de La Caixa en Lugo, José Manuel López, visitaron este martes a exposición El bosque. Mucho más que madera, que acolle dende hoxe a Praza Maior. O Concello colabora coa Obra Social desta entidade na organización desta mostra, que pretende dar a coñecer a importancia de conservar os ecosistemas forestais.

No acto, Prieto manifestou a aposta do Concello para crear un Lugo social e territorial máis sostible, a través dunha iniciativa coa que a entidade local quere recuperar unha área de bosque, ou plantar especies autóctonas para o cultivo ou a produción de madeira. Neste senso, a edil avogou “por traballar a prol dunha contorna sostible, no que realidade urbana e rural convivan en harmonía”, ao tempo que lembrou a creación neste mandato da Concellería de Desenvolvemento Sostible, “posta en marcha para conseguir un crecemento equilibrado, racional e sostible”.

A exposición, que leva sete anos recorrendo diferentes puntos do territorio nacional, arranca cunha presentación da organización xerárquica da natureza, dende a biosfera e ecosistemas ata un microsistema do chan dun bosque; para continuar cun apartado dedicado ás árbores e outro ao bosque de España, que inclúe 18 especies das máis representativas do país. Que produtos se extraen e como afecta ao ecosistema a influencia do ser humano segundo o uso que faga del son os temas nos que se centra o último apartado da exposición.

A exposición poderase visitar ata o 17 de decembro, de luns a venres, de 12:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas. A entrada é totalmente de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com