" />

Andaina polo Camiño Primitivo polo primeiro aniversario como Patrimonio da Humanidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto á Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e outros representantes dos municipios polos que transcorre o Camiño Primitivo, percorreron esta mañá un treito de 8 quilómetros deste camiño, con motivo do primeiro aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

Antes do comezo do percorrido, que arrinco diante da Casa Consistorial da Fonsagrada, Basadre puxo en valor a importante oportunidade que lle outorgou a decisión da UNESCO do pasado ano a Lugo. “Proxecta o noso patrimonio a nivel mundial, algo que xa constatamos coa declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade”, subliñou a edil.

Basadre engadiu que o Goberno está aproveitando esta decisión, que multiplica as potencialidades da cidade, organizando andainas guiadas ou encontros artísticos por esta ruta xacobea, “o que entronca coa nosa aposta por situar a Lugo como porta de entrada a Galicia do Camiño Primitivo”.  

O pasado ano 2015 percorreron o Camiño Primitivo 11.428 peregrinos, un 38% máis que no mesmo período do ano anterior. No que vai de ano, foron  4.000 os que escolleron o Camiño Primitivo para chegar a Santiago de Compostela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo