Ánder Cantero, Xogador Estrella Galicia de xaneiro

Ánder Cantero é o Xogador Estrella Galicia de xaneiro. O porteiro albivermello recolleu este mediodía o premio no céntrico Mesón A Rúa de Lugo, situado na Rúa Nova. O local á súa vez foi galardoado co premio Estrella Galicia como  cervexaría do mes de xaneiro en Lugo.

O porteiro consegue este galardón tras varios meses desta tempada sendo un dos nomeados. Esta vez si, o máis máis votado polos afeccionados do CD Lugo a través das redes sociais do club. Cantero impúxose na votación a Gerard Valentín e a Cristian Herrera nunha disputa moi igualada.

Pepe, propietario do Mesón A Rúa, foi o encargado de facer entrega do premio ao gardameta. Posteriormente foi o
futbolista o que obsequiou cunha camiseta asinada polo equipo a Pepe, que recibiu o premio Estrella Galicia como Cervexaría do mes de Xaneiro.

Para o próximo partido contra o Real Oviedo, Cantero destacou que a vitoria pasa “por manter a nosa portería a cero e seguir na mesma liña de traballo”. Con respecto ao premio recibido, enorgullecelle que “se valore o traballo e iso fainos levantarnos cada mañá e seguir adestrando para seguir achegando o máximo de nós ao equipo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com