Animalistas consideran un ‘cachondeo’ a moción do PP en defensa da caza

O 1 de Marzo de 2018 o Parlamento de Galicia, na súa Comisión de Medio Ambiente, aprobaba unha proposición non de lei para instar á Xunta a non apoiar nin subvencionar os chamados campionatos de caza de raposos, unha iniciativa que contou co respaldo do Partido Popular, convertendo o texto saínte en unánime, “algo que o PP de Lugo parece non comprender”.

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber cualificaron de ‘broma’ a moción que os conservadores pretenden levar ao pleno da Deputación Provincial de Lugo de mañá, e sinalan que se trata dun “copia e pega” doutros textos, trufado de estatísticas e datos que nin sequera se refiren á comunidade autónoma e que mestura cuestións cinexéticas co sector forestal.

Os animalistas mostráronse sorprendidos pola falta de imaxinación do primeiro grupo político do pleno provincial, e instaron aos populares a solicitar da Xunta estudos científicos que avalen a convocatoria de “campionatos” para cazar raposos con cans, como os máis de 75.000 mamíferos abatidos no período 2011-2017, dos que nada menos que 38.347 foron na provincia lucense.

Tamén propoñen ambos os colectivos que o PP demande do executivo autonómico un informe independente sobre o impacto ambiental e animal da munición de chumbo que se emprega en centos de batidas cada ano na provincia, e que é responsable, segundo a Axencia Europea de Substancias e Mesturas Química, de riscos para os ecosistemas terrestres. Esta munición só está prohibida en humidais, pero é de uso libre en calquera outro coto de caza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo