Animalistas ofrecen formación ao Fiscal que propuxo arquivar un caso con 164 denuncias

As últimas actuacións da Fiscalía de Lugo, coa proposta de arquivo dun caso de maltrato animal no que unha persoa acumulaba 164 denuncias previas, xunto coa falta de formación específica durante a carreira xudicial, motivou á Fundación Franz Weber a remitir un escrito ao Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Lugo para ofrecer itinerarios formativos.

Así, a través do Instituto de Políticas Públicas de Protección Animal e da rede de operadores xurídicos internacional INTERcids, os animalistas sinalan que os últimos sucesos xeraron unha gran alarma social ademáis de indignación ciudadana, polo que plantexan formación específica aos membros da Fiscalía.

De forma paralela, a Asociación Animalista Libera sumouse ao ofrecemento propoñendo ampliar estes cursos específicos aos  técnicos do Concello de Lugo e a Deputación Provincial, lembrando que tanto na localidade coma no conxunto da provincia, tiveron lugar “terribles casos de maltrato” que requiren respostas específicas”.

Neste senso, Libera pide que, ademáis de posibles cooperacións no terreo formativo, as administracións se impliquen no traballo de prevención a través de campañas de sensibilización.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo