" />

Antas de Ulla aproba o Proxecto de Orzamento Xeral para 2021 no que prima o gasto social e os investimentos

O equipo de Goberno do Concello de Antas de Ulla someteu hoxe a aprobación inicial o Proxecto do Orzamento Xeral para o exercicio económico 2021, que ascende a 2.541.271,25 euros.

As contas para 2021 presentan unha serie de liñas básicas, entre as que se atopan os servizos sociais, cuxo gasto en persoal suporá 550.000 euros. As axudas de emerxencia social reciben 12.000 euros; as axudas á hostalería e comercio, 15.000 euros; 2.500 euros irán destinados a axudas para estudantes, mentres que o persoal de atención temperá recibe 90.000 euros.

O gasto corrente derivado da situación sanitaria suporá 100.000 euros, aos que se suman 90.000 para persoal covid-19, o persoal específico para a realización de tarefas relacionadas coa necesidade de previr e conter o avance da COVID-19, tales como limpeza e desinfección.

A estas partidas engádense 57.000 euros para APROL RURAL, 28.000 euros para o programa Depuemprego e 50.000 euros para as brigadas de loita contra incendios.

O Goberno local destina 100.000 euros para Cultura e 157.000 euros para Deporte, unha partida na que se inclúen obras de mellora no polideportivo por importe de 122.921 euros. No exercicio do ano 2021 prevese unha amortización de débeda de 85.000 euros.

Investimentos
En canto aos investimentos, destínanse 60.233 euros á mellora do firme na estrada de Vilapoupre, Montecelos, San Fiz e Vilasión (2020-2021, incluída a anualidade 2021). Tamén se fará a mellora do firme na estrada de Alvidrón a San Martiño (2021-2022) por importe de 74.866,78 euros.

A maiores, a pavimentación en Frádegas, Santa María, Casadenaia e Aboi recibe 29.847,06 euros; as melloras no firme de estradas en Castro de Amarante, San Martiño de Vilapoupre e Arcos supoñen 25.699,76 euros; a mellora do firme no Rial, 21.052,82 euros e a mellora do firme en Timós 12.899,06 euros.

As contas aprobadas hoxe recollen 48.300,49 euros para melloras en locais sociais, así como a mellora de instalacións deportivas, coa rehabilitación da cuberta e fachada do polideportivo por un importe de 122.921,94 euros. Tamén se levará a cabo a humanización e substitución de servizos da Rúa General Portomeñe, actuación á que se destinan 87.267,79 euros. O abastecemento de augas en Caldeas suporá 22.988,22 euros.

Faranse melloras en vías públicas e abastecemento por un total de 40.000 euros e expropiacións por importe de 3.875,00 euros. Do total do Orzamento resérvanse 27.000 euros para acometer diversas melloras no Centro de Saúde, no Colexio, na Casa da Cultura, na Casa do Concello, iluminación e monitorización de depósitos. A proposta de Orzamentos saíu adiante cos votos a favor do equipo de Goberno e o
voto en contra dos grupos da oposición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo