APAGA ultima o programa do VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos

A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) organiza os días 29, 30 e 31 de agosto o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se vai celebrar en Ribadeo. O prazo de inscrición está aberto e aquelas persoas que se anoten antes do 31 de xullo terán un 50% de desconto no prezo da matrícula. Despois establecerase un período especial de inscrición nos primeiros días de agosto. No programa do VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos haberá visitas a lugares de interese da comarca, entre outras actividades paralelas.

Álvaro Doural, presidente de APAGA, manifestou este luns que “está basicamente todo perfilado, quizais queda planificar algunha actividade de tipo lúdico ao rematar cada día”. Doural asegurou que “seguimos a contar coas empresas punteiras no sector do automóbil como Rover Bosch, PSA, BMW, ZF,… Este ano se incorporan dous obradoiros novos, un de son e outro de impresión en 3D porque consideramos que pode ter unha gran aplicación no mundo do automóbil, que xa está tendo pero a nivel de reparación e fabricación de pequenas pezas”.

O presidente de APAGA engadiu que “tamén contamos como nos últimos anos con LD Didactic, que é unha empresa alemá que se dedica á fabricación de equipos didácticos, que leva xa desde hai tres anos colaborando con nós e que vai estar aquí durante todo este Fórum. Sigue tendo un perfil eminentemente técnico, aberto como nos últimos anos a técnicos e afeccionados ao motor, que a través da páxina www.apaga.es poden facer a súa inscrición”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com