Aparece o corpo dunha persoa flotando nun baixo anegado dun edificio en Cervo

Ás 21:30 horas deste sábado os axentes daban conta do achado ao 112 Galicia, localizado nos baixos anegados dun edificio abandonado situado en Lieiro, na estrada que une Río Covo e San Ciprián.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061,  aos Bombeiros de Viveiro e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

A Garda Civil traballa para identificar á vítima e esclarecer as causas do achado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com