" />

Aparece o corpo sen vida do sexaxenario desaparecido na tarde de onte en Ribas de Sil

O corpo sen vida dun sexaxenario desaparecido a tarde de onte en Ribas de Sil foi localizado na mañá de hoxe polos axentes da Garda Civil.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso cando faltaban dez minutos para o mediodía de hoxe. Segundo a información facilitada polos voluntarios de Protección Civil da localidade aos xestores do 112 Galicia, o home desapareceu  do seu domicilio na tarde de onte.

Cómpre sinalar que ata o lugar tamén desprazáronse os membros do GES de Quiroga.

Finalmente, tras o rastrexo, sobre as 12:30 horas, a Garda Civil comunicou o achado do cadáver moi preto do río que discorre polo lugar de San Pedro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo