Aparece unha muller morta nunha piscina de Guitiriz

Unha muller foi localizada hoxe morta nunha piscina de Guitiriz. A vítima era veciña de Guitiriz e  tiña 51 anos.

O corpo foi atopado por unha persoa particular que chamou ao 112 Galicia ás 12:30 horas desta mañá. Segundo indicou, o cadáver estaba aboiando na piscina da área recreatriva dos Sete Muíños, unha zona moi transitada.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Vilalba. A situación tamén foi posta en coñecemento do GES de Guitiriz, de Protección Civil e da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com