" />

Apehl solicitará ao Concello que prorrogue os permisos para as terrazas

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, reunirase esta semana coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para solicitar a ampliación das licenzas especiais para ampliación ou instalación de terrazas na capital que se puxeron en marcha a mediados do mes de maio, con motivo de facilitar a situación do sector hostaleiro tras a pandemia pola Covid-19.

Estes permisos, levados a cabo polo Concello tras a petición da propia Apehl, tiñan vigor desde o pasado 23 de maio ata este próximo 31 de agosto.
A Asociación pediralle á alcaldesa que “se amplíen estes prazos da maneira máis sinxela e áxil posible para seguir apostando polo apoio aos hostaleiros, profesionais que están atravesando por unha época moi difícil”, afirma Cheché Real.

Ademais de solicitar esta prórroga, Real agradecerá a medida posta en marcha polo Concello de Lugo, xa que recoñece que “todas as medidas en favor do sector serán máis que necesarias para remontar esta crise e manter os negocios e os empregos deste colectivo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo