" />

Aprazado o Resurrection Fest a 2021

O festival Resurrection Fest 2020 queda aprazado a 2021, así o anunciou a organización nun comunicado oficial, onde “daban as grazas unha vez máis por toda a paciencia e comprensión durante todas estas semana de incertidumbre e polo apoio recibido” e anunciaban oficialmente que o 15 aniversario do Resurrection Fest quedaba aprazado a 2021, pois consideran que “é a única decisión posible, a única acertada e correcta e que  prioriza a saúde de todos os asistentes, staff e artistas”.

Por todo elo a 15ª edición do Resurrection Fest  realizarase do 30 de xuño ao 3 de xullo de 2021, o mesmo fin de semana que este ano. As entradas serán válidas sen necesidade de facer nada e todo indica que o cartel será prácticamente o mesmo “incluidos os cabezas de cartel e co aliciente de novos artistas e sorpresas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo