Arde por completo un coche na A-54, á altura de Guntín

Arden por completo un coche mentres circulaba pola A-54, á altura de Guntín. O sinistro tivo lugar pasadas as nove da noite de onte. A persoa que viaxaba no interior, un home de avanzada idade, puido saír sen problemas.

Segundo indicaron desde o servizo de Urxencias Médicas, o coche empezou a arder despois de colidir con outros dous, pero ninguén resultou ferido.

O vehículo quedou completamente calcinado. Os Bombeiros de Chantada e os membros do GES de Monterroso encargaronse de sufocar o lume e despexar a vía. Tamén colaborou o equipo de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento.

Igualmente, o persoal do 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com