" />

Arde un posto ambulante de comida na zona das barracas do San Froilán

Un vehículo destinado á venda de comida rápida ardeu esta tarde en Lugo. O posto estaba instalado nas inmediacións da Praza de Avilés e o lume afectou tamén ao posto contiguo.

Unha persoa particular daba a voz de alarma ás 15:00 horas desta tarde. Os Bombeiros, alertados polo 112 Galicia, desprazáronse ata o lugar dos feitos. Así as cousas, as lapas foron sufocadas por varias persoas, axudadas de extintores, antes da chegada dos efectivos. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo