Arias e Candia teñen só esta semana para convencer aos 12.222 afiliados do PP

Arrinca unha curta campaña electoral para as dúas candidatas a presidir o PP de Lugo, a delegada da Xunta Raquel Arias e a voceira do PP na Deputación Elena Candia. Dende hoxe e ata o domingo día 21 ambas disporán “de todos os medios do partido para achegarse aos 12.222 afiliados populares lucenses”, tal e como informaron dende a Comisión Organizadora.

Unha comisión que “garantirá ás candidatas a igualdade de oportunidades, asegurará a neutralidade da organización e velará pola transparencia de todo o proceso” tal e como explicou o presidente do Comité Organizador do XVII Congreso do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, que se celebrará o 6 de marzo.

Do mesmo xeito Balseiro confirmou esta mañá a proclamación definitiva das dúas únicas candidatas para optar á presidencia provincial e relevar ao actual presidente, José Manuel Barreiro. Ambas aspirantes teñen superado o número mínimo de apoios válidos –un mínimo de 75 militantes- previsto no artigo 31 do Regulamento de Organización do Congreso Extraordinario. Candia presentara máis do dobre de sinaturas que Arias, un total de 1.450 fronte ás 690 da delegada da Xunta.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com