" />

Arias explica aos empresarios lucenses o segundo Plan de Rescate da Xunta que bota a andar hoxe

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro por videconferencia con representantes do tecido empresarial da provincia para explicarlles os detalles do segundo Plan de rescate que hoxe pon en marcha a Xunta de Galicia para paliar as consecuencias económicas da crise da covid-19.

Na xuntanza participaron representantes da Confederación de Empresarios de Lugo, a Federación Galega de Comercio, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Asociación de Xóvenes Empresarios, Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, e os Colexios Profesionais de Economistas e de Xestores Administrativos.

Arias explicou que este segundo Plan de rescate está dotado con 75 millóns de euros e bota a andar coa convocatoria no DOG dos programas de axudas para traballadores autónomos e microempresas. O prazo de presentación de solicitudes abrirase mañá e será dun mes. O plan completarase o luns coa publicación no DOG da outra liña específica para os sectores que viron interrompida a súa actividade pola pandemia.

O delegado sinalou que as liñas de axuda manteñen a estrutura do primeiro Plan de rescate, coa novidade de que o programa dirixido aos sectores máis afectados, aqueles que tiveron que pechar os seus negocios, suma á hostalería outros como os ximnasios, centros de ocio infantil ou as feiras. Outra das novidades a destacar é que excepcionalmente poderá eximirse aos interesados do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento de formalizar a solicitude.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo