" />

Arranca a fase de execución dos Orzamentos Participativos no Concello

A concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, anunciou este martes o inicio da fase de execución dos Orzamentos Participativos 2015.

A web municipal www.concellodelugo.gal publica hoxe toda a información sobre os 59 proxectos demandados polos veciños que o Concello lucense acometerá con cargo aos presupostos, unha vez aprobados pola concellería que dirixe Prieto. A edil avanzou que mañá mesmo o equipo de goberno reunirase cos xefes de servicio do Concello para poñer en marcha e licitar canto antes as distintas actuacións previstas, dotadas con 500.000 euros.

Xunto aos 59 proxectos a acometer, distribuídos por áreas e resaltados en cor verde, os cidadáns tamén poden consultar na páxina web as propostas de reserva, ordenadas por número de votos recibidos. Todos contan cun informe técnico previo favorable. Medio Rural, Deportes, Xuventude, Educación e Infraestruturas son ás áreas con maior orzamento.

Os proxectos a acometer, segundo as áreas, son os seguintes:

Medio Rural: 146.000 euros.

– Iluminación pública no núcleo de Airexe, na parroquia de Esperante.

– Arranxo do lavadoiro da parroquia de Bazar.

-Investimento para adestrar cachorros de mastíns de garda e de protección de gandería: medidas preventivas por ataque de animais salvaxes en explotacións agropecuarias no ámbito rural do Concello de Lugo.

-Arranxo do Camiño Real.

-Instalación de mesas de ping pong exteriores na zona rural.

-Acondicionamento de soleira e solo do Centro Social de Bosende.

-Arranxos dos camiños secundarios da parroquia de Recimil.

-Reparación do lavadoiro público de Cuiña.

-Construción de cunetas de formigón nos núcleos de Vilar e Recimil.

-Melloras no local social (insonorización) de Recimil.

– Acondicionamento do terreo público da Fonte de Ramil na parroquia de San Xoán de Tirimol.

-Fixar os colectores do lixo na parrouia de San Xoán de Tirimol.

-Formigonar o campo da festa das Regas para bailar.

-Arranxo e roza do camiño do Outeiro aos Alargos (Pedreda).

-Arranxo e roza do camiño do Castro á urbanización de chalés da Palloza.

-Xadrez nas zonas rurais.

Deportes: 108.000 euros.

-Tenis de mesa para todos e todas.

-“Lugo xoga ao tenis de mesa” … Ven gozar con nós!

-Campus Clínico Tecnificación Deportiva Alfredo Carneros.

-I Torneo Internacional de Xadrez San Froilán e Torneo Escolar.

-Copa de Europa do Pentatlon Moderno Youth A Cidade de Lugo.

-Puntos de deporte.

-Rocódromo para nenos.

-Paseo Miño Ponte Branca.

-Impulso aos deportes minoritarios.

-Balonmán na Cidade de Lugo – O rexurdir dunha pasión.

-Instalación de mesas de ping pong nos barrios da cidade.

-Promoción do ciclismo de todas as modalidades.

Xuventude: 58.300 euros.

-Reparación do tellado da nave do parque da Milagrosa.

-Campamento castrexo-romano permanente.

-Reparación de baños e adecentado dos locais sociais da nave do Parque da Milagrosa.

-Actividades ao aire libre para nenos.

-Deportes na rúa.

-Multiactividades.

-Xoves con arte.

Educación: 55.500 euros.

-I Xornada de Educación para a Saúde Integral e Comunitaria.

-Clases de pre-xadrez nos colexios de Lugo.

-Valado CEIP Luis Pimentel.

-Xornadas concertos didácticos no Festival de Jazz de Lugo.

-Saquemos os nenos da tele e dos videoxogos.

-Castrexos e romanos propios.

Infraestruturas: 30.000 euros.

-Aforro enerxético.

-Mellora a praza do Agro do Rolo (zona da Milagrosa).

-Aparcadoiros para bicicletas.

Cultura: 20.000 euros.

-Música nas prazas.

-Unha nova vida para a Casa da Música.

Mercado e comercio: 14.000 euros.

-Feira do Troco.

-Mercados diarios na Praza de Abastos.

Medio Ambiente: 14.000 euros.

-Dotación de bancos públicos no contorno do Sagrado Corazón e Carlos Azcárraga.

-Fomento do pastoreo urbano.

Benestar Social e Igualdade: 14.000 euros.

-Proxecto de participación infantil no barrio da Milagrosa.

-Lugo adaptado.

-Xadrez e muller.

-O xadrez. O ximnasio da memoria.

Emprendemento: 11.000 euros.

-Autoempregarse con éxito.

-A Aventura de Diana. Emprendendo e Innovando contra Vento e Marea.

Seguridade Viaria: 10.000 euros.

-Paso de peóns led con sensor de presenza.

Participación Cidadá: 10.000 euros.

-Aparcadoiros bicis e transporte nos buses.

Turismo: 6.000 euros.

-Sinalización da ruta de sendeirismo Albeiros-Meilán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo