Arranca na Deputación un proxecto divulgativo sobre a ameaza dos plásticos no medio mariño

A voceira socialista do Goberno provincial participou na tarde de onte no Salón de Actos do Pazo de San Marcos na conferencia A Ameaza dos plásticos para o mundo mariño, dirixida por Jesús Gago, oceanógrafo, químico e investigador do Instituto Español de Oceanografía, experto na avaliación da contaminación por plásticos no océano. Con esta charla, arrancou o proxecto divulgativo Mar interior: un océano de oportunidades no corazón de Galicia, froito da colaboración da Deputación e o Centro Oceanográfico de Vigo, dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación.

A voceira provincial sinalou que este proxecto “co que colaboramos é unha boa forma de fomentar a conciencia social no respecto e o coidado do medio ambiente nun tempo de emerxencia climática que entre todos e todas temos a obriga de combater. Ademais, é unha maneira de achegar aos máis pequenos e aos veciñas e veciños da provincia a riqueza do mundo mariño e aos perigos aos que se afronta”.

Este proxecto inclúe ata o vindeiro sábado a mostra do proxecto Oceánicas, na Sala de Exposicións da Deputación, e diferentes obradoiros científicos gratuítos destinados principalmente a escolares de Educación Primaria e ESO, aínda que tamén poderán asistir, a estas mesmas actividades en horario de tarde, todas as persoas interesadas. Nos obradoiros en xornada de mañá participarán preto de 800 alumnos e alumnas de 20 centros educativos, para os que a Deputación financia o transporte dos escolares ata o Pazo de San Marcos. Este proxecto trasladarase á Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos do 23 ao 29 de marzo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com